Dende onte e ata o mércores día 4 de xaneiro, o pavillón municipal da Rúa acolle un gran parque para os máis pequenos organizado polo Concello que inclúe inchábeis, música, photocall e peluches motorizados. A entrada é gratuíta e o horario de 16 a 20 horas.
O sábado día 7 de xaneiro ‘A Rúa Nadal’ tamén abrirá as portas para despedir as festas e contará coa visita de diferentes personaxes para que grandes e pequenos poidan fotografarse con eles.
Fotos e vídeos: Joypa.