OurenseÚltima hora

O Concello entrega os premios do XIII Certame Literario Rosa Gómez

Tivo lugar no IES Blanco Amor e no colexio Santo Ángel
Os gañadores son escolares do IES Blanco Amor e do colexio Santo Ángel.
Os gañadores son escolares do IES Blanco Amor e do colexio Santo Ángel.

O IES Blanco Amor e o colexio Santo Ángel de Ourense acolleron esta mañá, 2 de xuño, a entrega dos premios do XIII Certame Literario Rosa Gómez, convocado polo Concello. Os premiados foron os seguintes alumnos:

– Premio de poesía: Daniel Alonso Lorenzo (IES Blanco Amor), pola obra ‘Sombras’.
– Premio de narrativa para segundo ciclo da ESO: María Blanco (colexio Santo Ángel), pola obra ‘El mundo que yo quiero’. Nesta categoría tamén recibiron mencións especiais Ángela Carmen del Canto Soláns (IES Blanco Amor), por ‘Primer domingo de Mayo de todos los días de mi vida’, e Lara Rodríguez Pereira (colexio Santo Ángel), por ‘Tormento’.
– Premio de narrativa do primeiro ciclo da ESO: quedou deserto, pero recibiron mencións especiais Carla González Blanco (colexio Santo Ángel), por ‘La voz de la guerra’, e Lorena Fernández Iglesias (IES Blanco Amor), por ‘La piedra de la salvación’.

Artigos relacionados

Back to top button