CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O dúo musical ‘La Máscara’ de Bayadère Danza (O Barco) gaña o 2º premio na fase nacional do certame CND

 

Non pode estar máis orgullosa das súas alumnas. Reflexionando aínda sobre o que significa, Nuria Reguera regresaba de Burgos onde o dúo musical La Máscara, interpretado por dúas bailarinas de Academia de Danza Bayadère, no Barco de Valdeorras, competía na fase nacional do certame CND.

“Na fase rexional celebrada en Ourense hai un mes, Ahinoa Murias e Isabel Fernández gañaban o primeiro premio na súa categoría o que lles daba o pase á fase nacional onde, de gañar, pasarían á fase europea a celebrarse en Dijon, aínda que pola diferencia de idade (unha ten 9 anos e a outra 14) non poderíamos pasar”, di Nuria.

Así e todo, o domingo 4 de maio ás 9 da mañá partían rumbo a Burgos onde lograban nin máis nin menos que o segundo premio. “Estou moi moi contenta porque en Ourense gañamos o primeiro premio pero en Burgos participaban as gañadoras de todos os rexionais de España e fomos segundas na nosa categoría. É impresionante a verdade”, asegura feliz.

Ver vídeo

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button