OurenseÚltima hora

Restauración ambiental dunha zona de baño na área recreativa de Ponte das Táboas en Castro Caldelas

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, veñen de asinar un convenio, para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das actuacións de restauración ambiental dunha zona de baño sobre o río Edo na área recreativa Ponte das Táboas en Castro Caldelas.

Nesta zona existe desde hai moitos anos unha área de recreo con restaurante, zona de esparexemento e zona de baño que é moi usada polos veciños e veciñas, pero necesita certas melloras que a fagan máis atractiva e accesible.

Proxecto

As obras consistirían na demolición da actual zona de baño e construción de novas piscinas fóra da zona inundable, a restauración ambiental do leito dos ríos Edo e regacho de Ferreiros, incluíndo a naturalización da marxe dereita deste último e a execución dun novo acceso ao leito, así como o acondicionamento da área recreativa para a súa posta en valor para uso e goce dos usuarios.

En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para mellorar a accesibilidade do leito para uso e goce dos veciños/as do municipio e dos visitantes, cuxa investimento estimado ascenderá a 1.450.000 euros

Artigos relacionados

Back to top button