ConcellosO BoloÚltima hora

Adxudicada a obra de reconstrución da ponte de Barxa (O Bolo)

Ponte de Barxa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cinco anos despois de que a riada do río Xares que atravesa a localidade de Barxa (entre San Martiño e O Seixo) partira o piar central dunha das pontes desta aldea bolesa e tras moitos problemas a Confederación Hifrográfica do Miño-Sil (CHMS) sacaba a licitación da reconstrucción da devandita ponte cun presuposto de 474.400,67 euros.

Unha vez superado o prazo de presentación de ofertas s e segundo a publicación, na Plataforma de Contratación do Sector Público do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do que depende a CHMS, foron 4 as empresas interesadas en concorrer á execución deste proxecto, resultando adxudicataria VIPECA OBRAS Y SERVICIOS, S.L.

Aínda non se coñece a data de inicio das obras pero unha vez empezadas, a empresa terá un prazo de execución de catro meses.

 

Artigos relacionados

Back to top button