CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Festival de Primavera do Orfeón Valdeorrés, o 15 de abril na Rúa

No concerto, que se celebrará no Centro Cultural Avenida, participarán tamén as corais polifónicas Máximo Gorki de Vigo e Novos Aires de Nigrán

O Orfeón Valdeorrés./ Cedida.

 

Nova cita co escenario neste mes de abril para o Orfeón Valdeorrés. Esta formación coral ultima dos detalles do seu Festival de Primavera, que se celebrará o vindeiro 15 de abril ás 19:30h. no Centro Cultural Avenida da Rúa.

“Xa fai uns cantos anos que non cantamos nesta localidade veciña e apetecíanos ter un xesto cara aos veciños da Rúa e, en especial, a compañeiros moi queridos que tivemos desa localidade e outros que están a formar parte da nosa agrupación coral na actualidade”, adiantan dende o Orfeón Valdeorrés.

Neste concerto esta formación musical, que dirixe José Ramón Mansilla e preside María Luisa Álvarez, traerá como coros convidados á Coral Polifónica Máximo Gorki de Vigo e á Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán.

 

Artigos relacionados

Back to top button