Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

José Antonio Iglesias encabeza a lista de Carballeda Renova (CR23) para as eleccións do 28M

 

Con “novas ideas e novas formas de facer as cousas” e co principal obxectivo de “tratar de sacar a Carballeda de Valdeorras do ostracismo”, se presenta Carballeda Renova (CR23) ás eleccións municipais do 28 de maio.

 

José Antonio Iglesias, cabeza de lista de Carballeda Renova.

 

A presentación oficial da candidatura, encabezada polo avogado José Antonio Iglesias, tiña lugar na tarde deste xoves 4 de maio en Sobradelo, no cruce coa estrada de Casaio, onde o candidato á alcaldía destacaba as cualidades das persoas que conforman a lista de CR23. “Que foran boas persoas e honradas, non se lles esixía nada máis”, dixo, asegurando que fixeron unha lista de “boas persoas, moi competentes e grazas ao seu apoio e o labor que están facendo podemos estar agora onde estamos, cunhas ideas e un dos programas máis completos das distintas alternativas que se presentan aos comicios do día 28. Pensamos que a xente así o recoñecerá e no seu momento teremos a recompensa de todo o traballo que o equipo estamos levando a cabo”.

 

Candidatura de Carballeda Renova (CR23).

 

José Antonio Iglesias explica que decidían presentarse ás eleccións para “tratar de darlle valor a Carballeda e poñer ao concello onde pensamos que debe estar”. Asegurou que tratan de potenciar “un concello que pensamos que está no ostracismo dende hai bastante tempo e simplemente o que queremos é darlle un novo impulso. Pensamos que entre todos os que formamos parte da candidatura, se a xente así o quere e nos apoia, podemos facelo”.

Entre os puntos do programa que presentan está “dotar ao concello de servizos, preservar os recursos naturais, potenciar as explotacións industriais como as de lousa pero tamén intrustrias alternativas”, dixo Iglesias.

 

 

CANDIDATURA:

1. José Antonio Iglesias Franco
2. Pedro Dominguez Pérez
3. Eugenio Vidal Vázquez
4. Elba Rodríguez Mosquera
5. Cecilio Fernández Fernández
6. Constantino Pato Alfonso
7. Robustiano Álvarez Pérez
8. Alfredo Evangelista Chamorro
9. Teresa de Jesús Barberá Lado

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button