ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Campo (O Barco) tamén honra a San Antonio

O polideportivo de Calabagueiros convertíase, na tarde do 13 de xuño, en escenario da eucaristía

Invocado para atopar obxectos perdidos ou parella, San Antonio de Padua é un dos santos máis venerados. Só en Valdeorras hai varias localidades que lle rinden culto, entre elas O Barco de Valdeorras que o fai no barrio do Campo.

O acto central da celebración tiña lugar coma sempre no pavillón polideportivo de Calabagueiros, transformado nun improvisado local relixioso na tarde do 13 de xuño. Ás 19:30h. arrancaba a procesión coa imaxe do santo dende a capela de Cedie ata o pavillón, co acompañamento musical dos gaiteiros. Unha vez dentro, con centos de devotos mas cadeiras e bancadas do local, comezaba a eucaristía harmonizada pola Coral Mariñán e presidida por D. Alberto Morán Luna, contando asemade coa presenza do párroco Ángel Sánchez Cao e outros dous sacerdotes. Durante a solemne celebración tiña lugar a bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas, xa que San Antonio é coñecido como “o santo do mundo” por ser venerado en diferentes países, pero tamén como protector do ser humano en xeral.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button