Como xesto de repulsa ao atentado de Orlando, membros da Corporación barquense concentrábanse ás doce do mediodía na praza do Concello do Barco e gardaban un minuto de silencio en memoria das vítimas. A convocatoria era realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a todos os concellos españoles.