Un ano máis o Grupo de Teatro Candea de Viana subíase ao escenario da Casa da Cultura vianesa co principal obxectivo de facer pasar un rato agradable ao público.
E así o facían na noite do pasado venres 11 de agosto coas dúas pequenas obras que tiñan preparadas para a ocasión, “Camiños perigosos” e “Os cartos na casa”, dúas pezas cómicas cargadas da tradicional retranca galega, para ver e desfrutar.
A X Mostra de Teatro organizada por Candea coa colaboración do Concello marcaba o inicio da festas patronais en Viana do Bolo. Na tarde deste domingo 13 de agosto o baile correrá por conta da orquestra Saudade que actuará en sesión de tarde e verbena.
Fotos cedidas.