O Concello de Ourense organiza para agosto o campamento infantil e xuvenil Virxe do Loreto, en Porto do Son. E faino a través das concellerías de Xuventude e Asuntos Sociais, que distribuíron un total de 80 prazas para nenos en idades de 9 a 14 anos. Cincuenta desas prazas foron para familias que participan dos programas de Asuntos Sociais e as outras 30 adxudicáronse esta mañá mediante un sorteo público.
O listado que obtiveron praza publicarase nas webs do Concello e de Xuventude, e no perfil de Facebook daconcellería. Tamén se lles comunicará ás familias a elección para que completen a inscrición. Se hai renuncias, recurirase á lista de espera -de 17 nenos- pola orde definida no sorteo.
A actividade será a semana do 13 ao 20 de agosto e ofrece un amplo programa de tarefas que combinan lecer e natureza para os máis cativos, así como exercicios lúdicos diarias e tarefas formativas para mellorar comunicación e habilidades sociais.