Nestes días rematan as obras que se estiveron levando a cabo na Escola Infantil A Galiña Azul de Quiroga durante todo o mes de agosto, aproveitando o parón estival. A concelleira de Educación, Infancia e Igualdade, Maite Pérez Grao, achegábase para comprobar o avance das obras.
Os traballos consistiron na impermeabilización do tellado, no pintado das paredes interiores do centro educativo e o cambio do chan do patio por outro tipo de material acorde a idade dos nenos e nenas.
Estas melloras leváronse a cabo tras a visita de técnicos da Xunta que se achegaron a Escola Infantil para comprobar as deficiencias. A petición realizárona os proxenitores dos alumnos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar .
Segundo a empresa adxudicataria, estas melloras estarán rematadas para o inicio do novo curso escolar 2023-2024 que comezará o vindeiro luns día 4 de setembro.