A exposición “Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal” inaugurarase o venres 22 de setembro ás 19h. na Coruña da man de Valdeorras Infinda e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Inclúe cadros da colección privada de Eugenio Martínez Alejandre. A mostra instalarase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André, 36, 1°) na cidade herculina.
Nado no Barco de Valdeorras en 1922, Jesús Díaz Ferrer desenvolveu unha fecunda e prolífica actividade creadora. Utilizou e dominou múltiples técnicas e materiais: pintura, escultura, relevo, colaxe, gravado, cerámica… Posúe tamén unha enorme variedade de temas: paisaxes, retratos, bodegóns, nus, temática relixiosa, social e satírica, composicións abstractas, costumistas, surrealistas…