Entre os gandeiros que participaban na III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, que tiña lugar nesta fin de semana na Veiga, estaba Javier Cotado. É membro dunha explotación familiar de bovino, a Gandería Cotado, situada en Requeixo (A Veiga) e posúe unhas 86 cabezas de gando.
“Este é o segundo ano que participo, con gandería bovina, de raza limousine, trouxen 11 exemplares, entre eles xatas de mai, xatas de recría, sementais e xatos”, explicaba. Ademais Javier destacaba a importancia de que se organicen iniciativas ligadas ao gando como esta exposición. “Parécenos un gran labor que fan para dar a coñecer a zona, pero tamén para coñecernos entre os gandeiros e penso que é importante que a xente participe, é unha gran iniciativa”.
A gandería é unha das principais fontes de ingresos de Javier, que tamén traballa noutra empresa familiar de madeira. Complementa ambas actividades, a agrogandeira e a forestal.
Fotos: Carlos G. Hervella.