O Club de Atletismo Rúa vén de presentar o programa e o cartaz da III Milla Nocturna de A Rúa que se celebrara o vindeiro 5 de agosto a partir das 21:00 h. A diferenza do pasado ano, no que a saída estaba no Aguillón, desta volta a proba partirá da rúa Miguel de Cervantes. As inscricións na proba estarán abertas en www.championchipnote.com ata o día 3 de agosto e nas tendas TriSport ata o 4 de agosto.
No acto de presentación, ademais de Fernando Navarro, vicepresidente do Club Atletismo Rúa; participaba o concelleiro de Deportes da Rúa, Avelino Fernández, e representantes de Peludines Valdeorras, entidade coa que colaborará esta proba deportiva. “O propio día do evento poderá facerse unha doazón en forma de material (comida, pipetas, toallas, colares…) como de forma económica en nas huchas dispoñibles”, segundo o club Atletismo Rúa.
Dende a organización, coa que colabora o Concello da Rúa, recálcase que esta III Milla Nocturna “será un evento moi bonito e moi solidario, ademais cuns rexistros nas inscricións que estarán superando as expectativas”.
Fotos cedidas polo Club Atletismo Rúa.