A partir das 10h. deste día de Nadal comezaba a visita que Papá Noel realizaba ao Hospital Universitario de Ourense. Escoltado pola Garda Civil de Ourense, percorría as plantas de Pediatría, así como as distintas unidades de hospitalización, saudado a profesionais e pacientes e, tamén, entregando agasallos.