Entregadas as catro cestas de Nadal da campaña do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Os nomes de ganadores das mesmas facíanse públicos o día 5 de xaneiro, data na que tamén se entregaban dúas delas. A primeira das cestas caía en Joyería Víctor, sendo a afortunada Patricia Vales, a segunda ía para Tríos 2.0, sendo a persoa agraciada Pili. A terceira correspondíalle a Librería Yoli e a ganadora era Olga Fernández, mentres que a cuarta era para Eneska Moda e o afortunado era Modesto Garrido.
As cestas 1 e 3 entregábanse posteriormente, tal e como pode comprobarse nestas imaxes. Dende o CCA, entidade que preside Jacobo Arias, agradecen a participación nestes sorteos e a resposta do público “por elixir o comercio local para realizar as vosas compras”. Tamén amosan o seu agradecemento aos socios “pola vosa colaboración para que isto fora posible”.

