
As instalacións de Expourense foron o escenario elixido para a presentación internacional da nova edición do Festival do Bife de Espadarte. Esta festa gastronómica adicada ao peixe espada celebrarase en Vila Praia de Âncora (Caminha) do 11 ao 21 de agosto, e contará con Xantar, Salón de Gastronomía e Turismo, como representante galego.
Na presentación estivo presesnte o alcalde do municipio de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendonça Alves, que destacou que o festival “celébrase na vila máis galega de portugal”, xa que segundo os seus datos, un 40% da poboación da vila ten orixe nos pescadores galegos.
Tamén asitiu o vicepresidente da entidade de Turismo Porto e Norte, Jorge Magalhaes, o organizador do festival, António Cunha, e Emma González, en representación de Expourense.
A Fundación de Exposicións ourensá e Xantar levan tres anos consecutivos representando a Galicia neste festival que se celebra a mediados do mes de agosto. Enmárcase dentro da promoción que Expourense promove no campo da cooperación transfronteriza na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.



