Acolle na fin de semana do 13 e 14 de agosto unha feira que forma parte do programa da VIII Mostra de Patrimonio Inmaterial
Mel, aceite, doces, pero tamén obxectos de artesanía moi diversos enchen os postos da feira que nas xornadas do 13 e 14 de agosto poderá visitarse no casco antigo de Trives. Este singular mercado forma parte do programa da VIII Mostra de Patrimonio Inmaterial que promove, dende hai oito anos, a Asociación Cultural A Caniceira. Esta proposta, que se complementa con multitude de actividades culturais atrae a numerosas persoas ata a vila en cada edición.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.