Ás once e media desta mañá gardábase un minuto de silencio ás portas da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras como mostra de respecto á vítima do crime machista que tivo lugar onte no concello de Ribeira. Neste acto participaban o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que estaba acompañado pola deputada delegada especial para Valdeorras, María Carmen González, e por diversos alcaldes e representantes municipais da comarca, entre outras persoas.
Fotos: A.R.