EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño atraía a 900 visitantes a Monterrei na Primavera de Portas Abertas

Cedida.

 

O territorio da Ruta do Viño Monterrei converteuse no centro do enoturismo galego esta primeira fin de semana de xuño, atraendo con motivo da Primavera de Portas Abertas, a máis de 900 visitantes.
Unha cifra que supón 340 visitantes máis que na pasada edición, cando o número de persoas que se achegaron a esta zona situábase ao redor de 560, tal e como destacan dende a organización.

O groso principal dos mesmos contabilizáronse na Oficina de Turismo de Monterrei, onde non só ofreceron información sobre o territorio enoturístico senón tamén que efectuaron visitas guiadas ao castelo de Monterrei. Unhas duascentas chegaron no servizo do ‘Bus do Viño’, procedentes de diferentes cidades galegas como Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense, e as restantes fixérono de modo individual, en vehículo propio.

Neste último caso, moitos deles visitaron algunha das seis adegas participantes na Primavera de Puertas Abertas (Daniel Fernández, Gargalo, Pazo de Valdeconde, Terras do Cigarrón, Triay e Vía Arxéntea), ou as actividades complementarias como ‘Monterrei Mar e Montaña: Harmonía de viños de Monterrei’ (un con mexillón e outro, con tenreira), cata de estrelas, ruta dos lagares rupestres e visita á adega-lagar As Barrocas, e os talleres de mel e floral.

“É unha enorme alegría comprobar que, ano a ano, increméntase o número de visitantes a Monterrei, o que demostra o interese existente polo noso territorio vitivinícola, e demostra que traballando todos xuntos, adegas, hostalería, restauración e concellos, somos moito máis fortes”, destaca o presidente da asociación, Jonatás Gago García.

Back to top button