EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA organiza unha charla sobre ferramentas prácticas de Intelixencia Artificial para os seus asociados

Terá lugar o vindeiro 11 de xuño ás 16h. na Casa Grande de Viloira (O Barco)

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) xunto a AEPA organiza para as súas empresas asociadas unha charla sobre Intelixencia Artificial continuando así no seu compromiso coa promoción do emprendemento, a seguridade dixital e especialmente coa promoción das empresas tradicionais e o tecido empresarial de Valdeorras.

Este evento, destinado a proporcionar ferramentas prácticas e esenciais, destinado ás empresas tradicionais e ao emprendemento celebrarase o vindeiro martes 11 de xuño ás 16:00 horas na Casa Grande de Viloira (O Barco).

O relatorio estará a cargo de José María da Torre, director do proxecto do convenio entre o Club do Emprendemento e INCIBE Emprende. Durante a charla, explorarase como a intelixencia artificial pode ser unha aliada poderosa para empresas e emprendedores, abordando aspectos como o incremento de clientes, simplificación e eficiencia no deseño de estratexias e plans de traballo, aumento do fluxo de clientes en momentos específicos, mellora do márketing de maneira sinxela, redución de custos e aumento da calidade.

Ademais, ofreceranse recomendacións básicas de ciberseguridade para utilizar estas ferramentas de forma segura en calquera negocio, evitando posibles riscos e protexendo a información empresarial. A xornada enmárcase no convenio asinado entre o Club do Emprendemento e o INCIBE, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.

Back to top button