Tras varias actividades ao longo do ano, a ANPA do Colexio Divina Pastora do Barco remata o curso da mellor forma posible, cunha animada e concorrida festa para asociados no Chao.
Dende colchonetas de diferentes dimensións e formas ata unha suculenta merenda, sen esquecer a música a cargo dun dj. Dende as seis e ata as oito da tarde deste mércores 12 de xuño, alumnos e pais desfrutaron dunha divertida tarde coa que poñen o broche ao curso que está a piques de rematar.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



