O vindeiro venres, 5 de xullo, comeza o programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”. Dende a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura e co apoio financeiro da Deputación de Lugo, organizáronse 13 completas actividades durante o verán. O pistoletazo de saída será o “Roteiro das fervenzas de Quiroga”. Seguiranlle outras interesantes rutas e actividades como barranquismo e piragüismo, catas ou concertos.
Os interesados en participar nesta actividade gratuíta terán que anotarse na Casa de Cultura, ben persoalmente ou a través do correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es antes das 13:00h do dia anterior a actividade.

