Unha selección de viños singulares de Valdeorras protagonizaban esta tarde unha cata maxistral en Bilbao, dirixida polo director técnico desta denominación de orixe, Jorge Mazaira. O evento incluía a celebración dun túnel do viño, no que se combinaba a degustación dos viños valdeorreses amparados, con queixos procedentes das Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) Tetilla e Arzúa-Ulloa. Para Mazaira, “sempre é importante reforzar as catas que fagamos, con bos productos que ademáis, son da nosa terra”.
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras celebraba esta cata invitado pola Asociación de Sumilleres de Biscaia. Arredor de 35 profesionais do mundo do viño acudían á cita, nun evento, so para asociados, que se desenvolvía no Hotel Ercilla de Bilbao.
Fotos cedidas.