EconomíaEconomíaÚltima hora

Roberto Verino recibe o título de “Excelencia galega en Artes” da man da AEGA-CAT, en Barcelona

A asociación galardoou un ano máis a 7 destacadas personalidades polas súas “calidades humanas, as súas exitosas traxectorias profesionais e polo orgullo co que enxalzan as súas orixes”

 

“Eventos como este enxalzan o valor de todos os que levamos Galicia no corazón. É un privilexio poder recibir este premio rodeado de tanta xente que vive nesta cidade coa que estivemos moito tempo, con oficinas, coa nosa tenda e tendo moi presente a importancia de Barcelona para a nosa marca”. Eran as palabras de Roberto Verino tras recibir un dos galardóns da gala anual da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA-CAT), na que se recoñece a traxectoria persoal, profesional de representantes do mundo da ciencia, a empresa, a comunicación, a política, a arte e o deporte vinculados por orixe ou empatía coa comunidade galega.

Nesta 19 edición da gala os galardoados eran os seguintes:
• Na categoría de ‘Empresa’, Carmen Lence, CEO de Grupo Lence.
• Na categoría de ‘Ciencias e medicina’, Begoña Vila Costas, doutora en Astrofísica.
• Na categoría de ‘Artes’, Roberto Verino, deseñador de moda.
• Na categoría de ‘Deportes’, Francisco González, Fran, futbolista.
• Na categoría de ‘Comunicación’, Jenaro Castro, director e presentador de Plano Xeral (RTVE).
• Na categoría de ‘Ciencias Políticas’, Xosé Luis Barreiro, doutor en Ciencias Políticas e Sociología.
• Título Extraordinario de Excelencia Galega, Ana Pastor, presidenta de Grupo A.M.A.

 

 

Para o presidente de AEGA-CAT e de Grupo Hotusa, Amancio Ópeixe Seijas, “o labor dos empresarios galegos e descendentes de galegos no exterior debe ser vista como unha gran oportunidade para o futuro desenvolvemento de Galicia. A súa experiencia internacional, coñecemento e conexións globais poden impulsar o crecemento económico, fomentar a innovación e fortalecer os vínculos culturais e comerciais entre Galicia e o resto do mundo”.

A cea desta gala anual da Anual de AEGA-CAT volveu este añou a contar coa presenza de numerosos representantes do panorama económico e social de Galicia e Cataluñ . No ámbito institucional, a cerimonia contou coa presenza, entre outras autoridades, do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Acerca de AEGA-CAT

A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA-CAT) foi creada en 1989 coa intención de aglutinar a todos os empresarios galegos afincados en Cataluña. Entre as súas funcións están as de potenciar as oportunidades de negocio entre os asociados, canalizar investimentos cara a Galicia, recuperar e transmitir as raíces históricas e culturais da galeguidade desde a súa realidade empresarial e fomentar o coñecemento e desenvolvemento das empresas e produtos galegos en Cataluña.
Na actualidade, AEGA-CAT está integrada por más de 300 empresas pertencentes aos más diversos sectores do tecido económico catalán e galego como industria, biotecnología, turismo, servizos, construcción, restauración, finanzas, TIC, e audiovisual.

Back to top button