Coroando o espectacular espazo natural no que se ubican as piscinas municipais de Sobradelo, no Concello de Carballeda de Valdeorras, o bar supón un amplo local con terraza e vistas ás propias piscinas e ao río Sil, no que poder degustar unha ampla variedade de pinchos e tapas. Tamén teñen pizzas, hamburguesas, bocadillos, ensaladas,…
Malia que o horario de apertura da zona de baño é de 15 a 21 horas, o bar estará aberto máis alá das nove “para ceas e festa”, din dende o local de hostalaría.
Fotos: Mónica G. Bellver.





