Dous anos despois de No quieren que lo sepas (Espasa, 2022) o xornalista Jesús Cintora volve ao Barco de Valdeorras para presentar o seu novo libro El precio de la verdad (Penguin Random House Grupo Editorial, 2024)
Licenciado en Comunicación pola Universidade de Navarra, Cintora é periodista, presentador de televisión e radio, escritor, conferenciante… presentando en televisión programas como Las mañanas de Cuatro, Cintora a pie de calle y La línea roja (Cuatro, Mediaset); Carretera y manta (La Sexta, Atresmedia) e Las cosas claras (TVE).
O mércores 31 de xullo achegarase ata O Barco para impartir unha conferencia sobre periodismo e presentar o novo disco que fala da censura a un periodista en España. “Así te apartan por considerarte incómodo. Cloacas, bulos, intercambio de favores moi burdos, complots entre o poder político e o económico. Así controlan as túas novas. Así é como a propaganda se carga a información. Intoxican á opinión pública, acceden aos teus datos máis íntimos, subástante no mercado da mentira…”
Son algúns dos temas que trata esta obra que o seu autor presentará ás 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo.




