Na tarde deste mércores 17 de xullo, un operario tiña que ser trasladado ao caerlle unha árbore enriba en Viana do Bolo, tal como indican dende o 112 Galicia, asegurando que foi un compañeiro do ferido o que contactou con eles para informar do accidente laboral.
Segundo a información que puideron recoller os xestores do 112 Galicia, o suceso “ocorreu na parroquia de Penouta dez minutos antes das 17 horas”, momento no que recibían o aviso de que “a un operario lle caera unha árbore enriba, aínda que atopábase consciente”.
Axiña, desde o 112 Galicia solicitaban a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado ata o punto para o traslado do ferido ao Complexo Hospitalario de Ourense.
Ademais, desde o 112 Galicia “tamén se solicitou a colaboración dos membros do GES da Veiga, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e de Protección Civil de Viana do Bolo”.




