CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Viana celebrará o 50º aniversario o 27 de xullo con partidos amigables e unha cea no campo das Carrelas

 

Este 2024 está sendo un dos mellores anos na historia do CD Viana. Logo dunha tempada impecable lograban gañar a liga e o merecido ascenso a Primeira Galicia, no momento en que cumpría 50 anos.

Unha efeméride que celebrarán por todo o alto o vindeiro sábado 27 de xullo con partidos amigables, actividades e unha cea no campo das Carrelas, rematando a celebración con festa, copas e música. O prezo da cea é de 25 euros (data máxima de inscrición, 24 de xullo) e inclúe entrantes ibéricos, langostinos, costela de tenreira asada, postre, café, licores, viño e auga.

Dende o club convidan a todo aquel que algunha vez formou parte do CD Viana como xogador, a participar no partido de aniversario, para pasar un bo rato e revivir, bos momentos con antigos compañeiros.

Artigos relacionados

Back to top button