ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilamartín

A procesión de San Lourenzo en Arcos (Vilamartín), en imaxes

 

Ás 12:30h. deste sábado 10 de agosto partía dende a igrexa parroquial de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) a procesión de San Lourenzo, no que a súa figura era portada pola veciñanza conxuntamente coa doutras tres imaxes, que tras percorrer a localidade regresaban ao templo nun caluroso mediodía.

A procesión estaba acompañada pola música dos Parrandas de Córgomo. Tras a procesión, as imaxes eran depositadas na igrexa e comezaba a misa, cantada pola Ronda Amigos del Bierzo.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button