Ás oito da tarde de 17 de agosto poñíase en marcha a XIII Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá) que atraía nesta edición a multitude de persoas. A localidade enchíase de visitantes que acudían para desfrutar, cunca en man, dos seus viños, brancos e tintos, e tamén dos numerosos petiscos, tanto salgados (embutidos, empanadas, queixo…) como doces que se servían nas adegas nun ambiente festivo animado polos Charangaiteiros.

E, despois do percorrido polas adegas, a festa continuaba con baile a carto de MC Experience “Dj Charry” dende as 23h. Esta celebración estaba organizada pola Asociación das Adegas Oval.
Fotos: O SIL.

18 de Agosto de 2024