OurenseÚltima hora

Trasladado un home logo de envorcar un tractor no Irixo

 

Na mañá deste martes 27 de agosto un home era trasladado logo de quedar atrapado ao envorcar un tractor no Irixo, tal como indican dende o 112 Galicia.

O suceso tiña lugar en Vila, na parroquia de Santa María de Campo, sendo un particular quen daba o aviso en torno ás 11:15 horas. “Durante a súa chamada, o alertador indicou que un veciño do Irixo quedara atrapado polas pernas logo de que un tractor envorcase”, indican dende o 112, cuxos xestores puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. Tamén eran avisados os Bombeiros do Carballiño para poder liberar ao ferido.

“Os Bombeiros, coa colaboración do alertador, acudiron ata o punto, onde tiveron que empregar o material de excarceración para poder evacuar a vítima, pois estaba atrapada por unha perna. Logo diso, e aínda que o helicóptero se desprazou ata o lugar, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia”, aseguran dende o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button