DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda prepárase para o final da etapa 12 da Volta a España

A chegada dos ciclistas está prevista para as 17:20 horas deste xoves 29 de agosto despois de percorrer 134,5 km pola provincia de Ourense

Foto: Unipublic.

 

Mañá, xoves 29 de agosto, a Volta a España volve porá a súa bandeira na Estación de Montaña Manzaneda a 1.488 metros, onde os ciclistas deberán completar máis de 130 quilómetros ata chegar á meta na etapa 12, a terceira das catro que percorren Galicia nesta edición da gran rolda española.

A etapa comezará na cidade de Ourense, pasando por Solbeira, Maceda, Luintra, Caxide, Castro Caldelas e Sas de Penelas, finalizando a etapa na estación invernal. Esta etapa da Volta, punto intermedio na clasificación xeral, poderá ser gozada polos veciños de toda a provincia que poderán acudir a animar aos seus ciclistas favoritos ou recibilos na meta na estación, onde hai hotel, restaurante, spa e diversas actividades.

 

Perfil da etapa 12 ao seu paso pola provincia de Ourense.

 

A Volta será un escaparate mundial para a provincia de Ourense nesta 79º edición da competición ciclista. A proba arrincará na avenida Pardo de Cela, e seguirá por diferentes municipios da provincia ata a chegada á estación de Montaña Manzaneda. Antes o pelotón pasará por Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Vilariñofrío, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

A proba ten previsto o seu inicio ás 14:19 horas da tarde e prevese que a etapa finalice ao redor das 17:22 horas. Os ciclistas terán unha saída neutralizada polas rúas da cidade. Irán desde a avenida Pardo de Cela, subirán por Concello ata o Parque de San Lázaro, logo percorrerán Curros Enríquez e dirixiranse á OU-536 pola avenida Otero Pedrayo.

 

 

Antes da chegada á meta na Estación de Montaña Manzaneda, haber un sprint bonificado en Sas de Penelas (kilómetro 101,1).

Na etapa 11 o vencedor era, nunha xornada de media montaña con saída e chegada no Campus Tecnolóxico Cortizo de Padrón que deixou fortes emocións tanto na loita pola vitoria de etapa como na xeral. O australiano foi o máis intelixente para rematar unha numerosa escapada que se destacou do pelotón tras media etapa de intensa loita, batendo a Quinten Hermans (Alpecin-Deceuninck) e Max Poole (Team dsm-firmenich PostNL).

 

Eddie Dunbar (Team Jayco AlUla) entrando en meta./ Foto: Unipublic.

 

Polo seu lado, Primoz Roglic (Red Bull-BORA-hansgrohe) aproveitou un explosivo porto nos últimos 10 quilómetros de etapa para rabuñar uns segundos ao líder Ben Ou’Connor (Decathlon AG2R A Mondiale Team), a quen ten agora unha renda de 3’16” antes dunha nova chegada no alto na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Artigos relacionados

Back to top button