EconomíaEconomíaÚltima hora

“AF Training Studio” despide o verán celebrando cos socios o 7º aniversario no Barco

A nova tempada comezará o luns día 2 de setembro de 7:30 a 22:30 horas

 

Na tarde do venres 30 de agosto, o centro de adestramento “AF Training Studio” celebraba o sétimo aniversario da apertura no Barco de Valdeorras.

 

 

 

Tal como explica André Faria, foi un evento para os socios do centro de adestramento que arrinca a súa sétima tempada, a segunda en Andrés de Prada, como “despedida do verán e un encontro para dar a benvida a esta nova tempada que comezará o luns día 2 de setembro de 7:30 a 22:30”.

 

 

Unha tempada que se presenta moi ilusionante e cun aumento no plantel, pasando a contar con catro adestradores titulados en Ciencias do Deporte. Ademais, “debido á alta demanda da tempada pasada abriremmos unha hora máis cada día, prolongando as sesións de tarde ata as 22:30 horas”, adianta Faria, contento de que o deporte e a saúde sigan crecendo na comarca de Valdeorras na que cada día hai máis oferta “algo que non está afectando ao aumento de socios ano tras ano neste centro”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button