
Quinteiro doce, un proxecto galego que aposta polos produtos artesáns, vén de homenaxear a través dunha serie de licores na colección “brava”, co lema “Por elas!” a mulleres represaliadas en Galicia, en concreto cinco: Maruxa, Coralia, Elisa, Marcela e Chelo. “Cinco mulleres que, dalgún xeito, marcaron a nosa historia e foron semente dun futuro mellor”, din dende Quinteiro doce.
Os licores levan os seus nomes e, entre eles, está o da guerrilleira Chelo Rodríguez de Soulecín (O Barco).
