
Darlle visibilidade á situación que existe coa la das ovellas e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores. Con esta pretensión xurde o O I Foro da la de Galicia, que terá lugar no soto da Praza de Abastos de Lugo, os días 14 e 15 de setembro, en horario de 11h a 19h.
O programa da mostra, que está promovida pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), incluirá exposición e venda das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la, proxección de documentais, relacionados coa temática concreta e o mundo da gandería en xeral, música…
“Dende asociación levamos varios anos traballando nesta temática en diferentes vías, contacto con cooperativas e lavadeiros que existen fora de Galicia, iniciativas de investigación para a posta en valor de novos usos da la e a creación dun grupo de traballo a nivel galego, relacionado coa la”, explican dende Ovica.

Con todo, a sensibilización e coñecemento por parte da poboación en xeral é un dos obxectivos deste proxecto, por iso parécenos importante levar a cabo estas actividades de difusión para poñer o noso gran de area e que a la sexa considerada como a estupenda materia prima que é.