Ávila convertíase neste 21 de setembro en punto de encontro para os apaixados do mundo das radiocomunicacións. O Centro de Exposicións e Congresos desta cidade acolle nesta xornada a IX Feira das Radiocomunicacións, con talleres, charlas, conferencias, relatorios e espazos dispoñibles para a venda de equipos usados e novos.

Unha representación galega, formada por membros dos Radioafeccionados da Pobra Trives e do Radio Club Fene, acudía a esta mostra, na que puideron coñecer as últimas novidades do sector.
Fotos e vídeo cedidos.