
Cada vez máis espectacular e terrorífico o Samaín organizado pola Asociación Sabugueiro da Rúa Vella é todo un referente nestas datas, tanto para nenos como para maiores que participan, estando prevista a edición deste ano para o sábado 2 de novembro.

E coma sempre dende a organización buscan xente que forme parte do espectáculo. Pode ser como “Casa Colaboradora” (onde terán que entrar os cativos buscando lambetadas seguindo o mapa) apuntándose no Colmado; ou como “personaxe terrorífico” (que asusten aos cativos e dificulten o seu progreso) contactando coa asociación a través do 699 44 44 62. “A asociación pode proporcionar o disfraz”, adiantan, lembrando que a data límite para anotarse é o 24 de outubro.




