A RúaConcellosÚltima hora

Música en directo, bebida e comida nunha animada e concorrida ‘Birranova’, en Vilanova (O Barco)

 

Cun bo ambiente e numeroso público pechaba a primeira edición da ‘Birranova’, a festa da cervexa patrocinada por Keler e organizada por tres veciños de Vilanova que, na tarde e noite do sábado 12 de outubro, animaba esta localidade barquense.

 

Cedida.

 

Como previa para ir quentando o ambiente, na tarde do venres había caña e panceta (2 euros) na carpa instalada para a ocasión nas pistas de Vilanova. E xa o sábado a partir das 18 horas comezaba a festa propiamente dita. A merenda e a cea así como a bebida, estaban aseguradas con varias food truck (con crepes doces e salgadas, hamburguesas, bocadillos,…) e a barra da organización.

 

 

E da música encargábanse dous grupos de xente moi xove que forman parte de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), The Green Angels e Seika. O toque acústico poñíao Navegando a Barlovento e a nota disco os Djs Gavela e Opium O Barco.

Fotos: O SIL, excepto as catro últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button