Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A XVIII Andaina de Outono do Barco celebrarase o 10 de novembro

Esta iniciativa promovida polo Club Peña Trevinca Barco contará con dous percorridos: un de 15 km e outro de 25 km

Participantes na anterior edición da andaina./ Foto: A.R.

 

Dende a praza do Concello do Barco partirá o 10 de novembro a XVIII Andaina de Outono. A saída darase ás 9h. e haberá dúas distancias: a longa de 25 km e a curta, de 15 km. As persoas interesadas en participar poden ampliar información ou realizar as súas inscricións a través da páxina web www.clubtrevincabarco.org.

“Ao longo do percorrido haberá avituallamentos sólidos e líquidos, co cal os participantes non terán que cargar en ningún momento con comida durante a proba. Informarase convenientemente dos puntos quilométricos onde estarán situados”, tal e como se indica no regulamento da proba. Trátase dunha proba de regularidade con 3 controis distribuídos ao longo do percorrido máis o da meta.

Esta andaina será organizada polo Club Peña Trevinca Barco e polo Concello do Barco, en colaboración con outras entidades. É unha cita oficial da Federación Galega de Montañismo e forma parte da II Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo e da Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, que se desenvolve ao longo deste ano 2024.

Back to top button