EconomíaEconomíaÚltima hora

XXIV Xornadas Micolóxicas e IX Concurso Tapa Micolóxica do Club Montaña Trives, do 8 ao 10 de novembro

Nesta edición do certame participarán catorce establecementos hostaleiros

 

Dende o Club Montaña Trives téñeno xa todo listo para as xornadas micolóxicas e o concurso de tapas que se celebrarán os días 8, 9 e 10 de novembro, cunha completa programación.

O venres día 8 ás 18 horas dará comezo o IX Concurso Tapa Micolóxica , onde cada un dos 14 establecementos participantes nesta edición poñerán á venda por 2 € unha tapa para a súa degustación. Tal como avanzan dende a organización, os establecementos dispoñen de papeletas e urnas para que o xurado popular elixa a mellor presentación e a máis suculenta. “As papeletas que consigan 9 selos dos locais entrarán nun sorteo o domingo día 10 (cesta gourmet, kit completo de micoloxía, ceas para 2 persoas nos establecementos participantes etc..)”, explican.

 

 

O sábado día 9 haberá unha charla no IES Xermán Ancochea Quevedo a cargo da asociación micolóxica Os Cogordos para posteriormente saír ao campo en busca de cogomelos. De regreso montarase unha exposición no interior de patio do Pazo da Casa Grande Trives ata o domingo ás 18 horas. O sábado ao mediodía celebrarase o tradicional xantar micolóxico gourmet no Restaurante La Viúda de Trives que consta de 4 pratos con diferentes variedades de cogomelos Premium e ten un custo de 35 euros por persoa.

O domingo día 10 ás 15 horas reamtará o concurso de tapas, realizándose o reconto das papeletas para, ás 18 horas no patio interior da Casa Grande de Pobra de Trives realizar a entrega de premios aos 3 locais máis votados en cada categoría. Ao final realizarase o sorteo de premios ao xurado popular.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button