A food truck de ‘Galicia sabe amar’ da Consellería do Mar, está estes días percorrendo a xeografía galega. Onte estivo en Viana do Bolo e na xornada deste xoves 17 de outubro fai parada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Esta furgoneta, unha das da campaña de promoción de peixes e mariscos galegos seguindo diferentes rutas, está instalada no parking e nela poden degustarse gratuitamente e en horario de 12 a 15 e de 18 a 21 horas aproximadamente, unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.

Entre os veciños que xa se achegaron ata a furgoneta estaba a propia alcaldesa de Carballeda, Mª Carmen González, para quen iso é unha mostra de que “Galicia, ademais de saber a mar, sabe amar, traendo aos veciños alegrías”. A rexedora asegura que para ela é “unha satisfacción detalles como este, vir aos pobos, ao medio rural, a traer estas tapas tan ricas e sobre todo o calor humano da Xunta cara os concellos pequenos”.
Fotos: O SIL.