EconomíaEconomíaÚltima hora

V Xornada de Seguridade Industrial do sector mineiro, en Ourense

 

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistía esta mañá á 5ª Xornada de Seguridade Industrial do sector das minas onde destacou o compromiso da Xunta coa seguridade industrial, pois unha industria máis segura será unha industria máis produtiva, máis eficiente, máis competitiva e máis humana.

Ademais, explicou que a seguridade industrial ten unha triple vertente: o interese público pois está ao servizo da protección das persoas; o interese social xa que beneficia a toda a cidadanía; e o interese económico, pois a mellora e mantemento das instalacións redunda nunha maior vida útil.

Ao encontro tamén asistían, entre outros representantes, o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Back to top button