EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Catas de viños de Valdeorras, con queixos e marmeladas, na IV Exposición “Crianza Trevinca” na Veiga

 

Saborear os produtos de Valdeorras tamén é posible nesta IV Exposición Agrogandeira de Trevinca “Crianza Trevinca”, que se está a desenvolver nesta fin de semana no Coiñedo, na Veiga. Así o programa inclúe diversas catas dirixidas pola enóloga María Eugenia Medina e tamén degustacións para os visitantes da mostra.

 

 

Na mañá deste 19 de outubro desenvolvíase unha cata de viños da Denominación de Orixe Valdeorras con queixos “Cumbre de Trevinca” e para mañá, 19 de outubro, ás 12:30h. está prevista outra de viños valdeorreses, acompañados por marmeladas de arandos e mel “Montañas de Trevinca”. Para poder participar é preciso inscribirse previamente en centroapicolaprada@gmail.com ou no teléfono 603 71 96 73.

Fotos: O SIL

Back to top button