EconomíaEconomíaÚltima hora

Parada de Sil segue apoiando e coidando a castaña

 

En plena recollida da castaña para a súa clasificación na nave deste froito de outono do concello, a Asociación de Propietarios de soutos Canón do Sil vén de pór en marcha unha iniciativa que redundará na mellor conservación deste produto.

Ademais distribuíu uns carteis polas aldeas nos que se recomenda que que non se collan as moi pequenas e que non se teñan moito tempo no maleteiro do coche pois pode coller temperatura e favorecer a aparición de verme, e que se entreguen canto antes na nave para proceder á súa clasificación e recollelas en redes.

Para facilitar este obxectivo confeccionouse unha bolsa co nome da asociación dentro da cal se entregan aos socios dez redes para que se envasen nelas e non en sacos de plástico, xa que ao transpirar consérvanse moito mellor. Un total de 110 persoas do concello de Parada serán beneficiarias desta medida.

Dende a asociación estase a traballar para estimular aos veciños a que coiden os soutos e así, a parte dos ingresos que xeran as castañas,Pa manterase esta espectacular paisaxe.

Fotos cedidas.

 

Back to top button