EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Degustación “Castrelo de Miño-Manzaneda: Ría do Ribeiro, Ribeira da montaña” no broche de Xantar

 

Este domingo tiña lugar en Xantar a degustación Castrelo de Miño-Manzaneda: Ría do Ribeiro, Ribeira da Montaña. Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, Rosendo Fernández, deputado provincial de Representación institucional; Emma González, xerente do Inorde; Martín Alemparte director xeral de Agacal; Manuel Pardo delegado da Xunta de Galicia en Ourense e José Antonio Armada, representante de Medio Rural en Ourense, achegaronse aos expositores concellos de Castrelo de Miño e Manzaneda e a degustación conxunta Ría do Ribeiro, Ribeira da Montaña.

As propostas eran empanada de anguías e rosquillas por parte do Concello de Castrelo de Miño, chourizo, salchichón, queixo, mel, bica e bica de castaña da parte do Concello de Manzaneda, maridados  polos excelentes viños de ambos términos municipais, D.O. Ribeiro por parte do colleitero Jonatán Pousada co seu viño Casal do Canteiro e D.O. Ribeira Sacra, respectivamente.

O público asistente á degustación puido saborear sabores xenuínos da montaña e do Ribeiro mentras contemplaban videos promocionais dos valores naturais, culturais e de emprendedores/as de ambos territorios.

 

 

Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, valoraba positivamente que dous concellos de cores diferentes e afastados territorialmente se unan para cooperar na promoción enolóxica e de produtos locais de sendos concellos, e daba as grazas as e produtoras e produtores e artesáns de Manzaneda pola labor de apostar e cooperar para a dinamización deste concello da Montaña suroriental da Ribeira Sacra, encravados na zona especial conservación Macizo Central.

Pola súa banda, Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño, agradeceu as asociacións e adegueiros que axudaron e colaboraron para poder levar a cabo a degustación, especialmente á directiva da asociación da festa da anguía. Recalcou que Castrelo de Miño presenta 22 bodegas e colleiteros que son o motor económico da comarca, varias feiras gastronómicas ao longo do ano e o festival Espírito Ribeiro que exaltan o potencial de Castrelo de Miño. Tamén agradeceu a colaboración institucional de ambos territorios para a promoción de viños de ambos territorios municipais con denominicacións de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra.

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button