EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Marcos Prada, elixido novo presidente do CRDO Valdeorras

Marcos Prada, novo presidente do CRDO Valdeorras./ Cedida.

 

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de designar a Marcos Prada Ginzo como novo presidente, nun pleno extraordinario urxente celebrado na mañá deste 4 de novembro. Tras a aceptación da dimisión de José Ramón Rodríguez Castellanos, procedíase á elección do novo presidente, aprobada por maioría, sen ningún voto en contra.

Marcos Prada asumirá esta nova responsabilidade co “obxectivo de dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos no Consello Regulador”. Un organismo que coñece perfectamente, xa que exerceu como vicepresidente primeiro na pasada lexislatura, durante o mandato de José Luis García Pando.

 

Sesión plenaria deste 4 de novembro no CRDO Valdeorras./ Cedida.

 

Breve currículum

Nado en Suiza no 1979, Marcos Prada Ginzo residiu durante 18 anos no país helvético. É Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un MBA en Administración e Xestión de Empresas e tamén é experto en Marketing Dixital e Ecommerce no Sector Vitivinícola pola Galicia Business School.

Marcos Prada fala alemán, francés e inglés. Durante 12 anos formou parte do Departamento de Exportación de varias empresas adicadas á producción e comercialización da pizarra. Desde 2010 é xerente e copropietario de Adega Melillas e Fillos (ubicada na Rúa), ampliando a súa formación co curso superior en Dirección de Empresas Vitivinícolas pola GBS.

Back to top button