Participación valdeorresa no evento deportivo “La Búsqueda del Grail (V) a pié y en bici”, que se celebraba na mañá do 3 de novembro en terras bercianas cun carácter solidario. Entre os asistentes á andaina estaba o atleta veterano Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco, e Luisa Robleda.

Os participantes na proba de BTT (cun percorrido de 40 km de dificultade media-baixa) saían ás 9:30h. dende o pavillón Lydia Valentín de Ponferrada. Media hora despois era a quenda dos andaríns, que partían dende ese mesmo lugar tendo por diante un traxecto de 10 km de dificultade baixa.
Fotos cedidas.
