
O Centro Comercial Aberto OBarco, en colaboración coa Xunta de Galicia, impartirá un curso de escaparatismo aos seus socios. O curso será impartido por Kike Corbacho, con máis de 20 anos de experiencia e con distintos premios a nivel nacional.
Na parte de redes sociais contarase con Stefany Zerpa especializada en márketing dixital docente de fotografía. Para dar a benvida e agradecer a participación e colaboración de todos estará presente de director xeral de Comercio, Gabriel Alén Castro.
O curso terá lugar o domingo día 17 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas na Casa Grande de Viloira. O curso estaba financiado integramente pola Xunta de Galicia.